Obxectivo
O obxectivo principal desta actividade é fomentar a práctica deportiva nas nenas e nenos, promovendo un estilo de vida activo e saudable desde unha idade temperá. A través da participación nesta modalidade deportiva os nenos poderán desenvolver as súas habilidades físicas, motoras, sociais e emocionais, ademais de aprender valores importantes como o traballo en equipo, a disciplina e o respecto.
Obxectivos específicos
Destinatarios/as
Esta actividade ofértase para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos. Se ben dacordo á capacidade das instalacións dispoñibles nalgúns grupos ofértase o rango completo de idade (6-16 anos) e noutros ofértanse os grupos de forma segmentada (por exemplo: de 6 a 11 anos e de 12 a 16 anos). Ver información detallada en cada grupo.
Desenvolvemento
As sesións serán formuladas de xeito lúdico e de dificultade progresiva para que supoñan reto e motivación para os participantes. Estamos falando dunha disciplina, o bádminton, que pode ser practicada por todo tipo de persoa con independencia das súas características ou experiencias previas, se ben esta actividade está especialmente destinada a aquelas persoas que se inician no bádminton. Os participantes da actividade asistirán a unha competición lúdica recreativa da Federación Galega de Bádminton Viaxarán en autobús, en principio a Ourense, patrocinado polo programa.
A programación das sesións será determinada polos coordinadores e coordinadoras que participan no Plan Corresponsables en nome da Federación Galega de Bádminton ou dos clubs que exercen de entidades colaboradoras, tendo en consideración a duración (número de sesións que se ofertan) de cada grupo.
Os contidos que orientan a organización destas sesións son os seguintes:
As metodoloxías que orientan a práctica destas sesións son: