Obxectivo
O obxectivo principal desta actividade é fomentar a práctica deportiva nas nenas e nenos, promovendo un estilo de vida activo e saudable desde unha idade temperá. A través da participación nesta modalidade deportiva os nenos poderán desenvolver as súas habilidades físicas, motoras, sociais e emocionais, ademais de aprender valores importantes como o traballo en equipo, a disciplina e o respecto.
Obxectivos específicos
Destinatarios/as
Esta actividade ofértase para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos en grupos segmentados de idade (6 a 10 anos, 11 a 12 anos, 13 a 14 anos e 15 a 16 anos).
Desenvolvemento
A actividade ofértase en 8 agrupamentos de 8 participantes, cunha acción regular de tres sesións de 1 hora por semana en tres días alternos en dous períodos posibles (uns grupos comezan o 2 de agosto e outros o 3 de setembro, todos rematan o 15 de novembro). As sesións desenvolvidas de luns a venres realízanse en horario de tarde e as sesións desenvolvidas os sábados realízanse en horario de mañá.
O horario da actividade, o número de participantes por grupo e a duración en semanas/quincenas ben determinada pola dispoñibilidade e capacidade da instalación, habendo grupos nos que a actividade ofértase dende o mes de agosto realizando conciliación nos meses de verán e outros grupos a partir de setembro coincidindo co inicio do curso académico 2024-2025.
As sesións serán formuladas de xeito lúdico e de dificultade progresiva para que supoñan reto e motivación para os participantes. Estamos falando dunha disciplina, o bádminton, que pode ser practicada por todo tipo de persoa con independencia das súas características ou experiencias previas. Recoméndase para esta actividade ter practicado bádminton previamente e coñecer os agarres, golpes e desprazamentos básicos.
A programación das sesións será determinada polos coordinadores e coordinadoras que participan no Plan Corresponsables en nome da Federación Galega de Bádminton ou dos clubs que exercen de entidades colaboradoras, tendo en consideración a duración (número de sesións que se ofertan) de cada grupo.
Os contidos que orientan a organización destas sesións son os seguintes:
As metodoloxías que orientan a práctica destas sesións son: